Ruta Segredos do Val de Soneira

  21 de Abril de 2024
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta Segredos do Val de Soneira

RUTA DOS SECREDOS DO VAL DE SONEIRA

 21 de Abril 2024 imos realizar a Ruta dos Segredos polo Val do Soneira

  • Distancia: 18 km 
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento 
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 10 €
    • Socios - Non Federados - 15 € 
    • Sen Desplazamento - Federados - 5 €
    • Sen Desplazamento - Non Federados - 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 18 €
    • Sen Desprazamento - Afiliados - Federados - 8 €
    • Sen Desprazamento - Afiliados - Non Federados - 13 €

 - Peche de inscricións: Xoves, 18 de Abril ás 23:59 horas 


• 1º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona - Noia

• 2º Punto de encontro: ás 7:10 en Outes, frente á Casa da Cultura    Casa da Cultura de Outes

• 3º Punto de encontro e parada para tomar un café: ás 8:00

• 5º Punto de encontro (para quen non vaia en bus) e inicio da actividade: ás 8:50, 

 

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 - Un autobús levaranos ao punto de saída 

 - Percorreremos sendeiros ao marxe do Río Cambeda

 - Poderemos contemplar varios Petrogrifos

 - Subiremos á Cruz do Loureiro, onde poderemos visualizar todo o Val e a Vila de Vimianzo

 - O Pazo de Trasouteiro

 - A Alvariza de Sansobre

 - Fervenza do Rego de Cubes

 - A Casa da Serra, casa Fidalga en Rasamonde

 - Igrexa de Cambeda, cun campanario que supera os 12 m de altura e o seu cabazo, un dos máis grandes de Galicia

 - As fervenzas e muiños do Río Cambeda

 - Pazo de Trasariz

 - O Castelo Medieval de Vimianzo, construído nos séculos XII - XIII, pola familia Mariño de Lobeira, no que poderemos gozar dunha visita, ao finalizar a Ruta

 - Ao remate da Ruta, estará esperando o Bus que nos trasladará aos puntos de encontro 

O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 Máis información:

El periodo de inscripciones ha finalizado
Patrocinadores oficiales