19 de novembro de 2023
clubtrabandainas@gmail.com
https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175
RUTA POR GUITIRIZ
O 19 de Novembro imos realizar a Ruta por Guitiriz
-Peche de inscricións: Xoves, 16 de Novembro ás 23:59 horas
• 1º Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona - Noia
• 2º Punto de encontro: ás 6:50 na Rotonda Saída 7 de Bertamiráns
• 3º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcadero do Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago
• 4º Punto de encontro: ás 7:30 no aparcadero de Casa Zapateiro
- Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club
- Un autobús levaranos ao punto de saída en Ponte Medieval de San Alberte, en Parga
- Percorreremos sendeiros ao marxe do Río Parga, polo sendeiro PRG-99, da Ruta da Auga de Guitiriz
- Trátase dunha ruta lineal que remata na Capela de Santo Domingo, en Pardiñas, de Guitiriz
- Ao remate da Ruta realizarase un Xantar de Confraternidade, por importe de 17 €, que se cobrará no Bus, aos que desexen participar
O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!
Máis información: